Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de septiembre de 2015

PATINAXE ARTISTICA FEDERADA EN TEO



Para todas e todos os alumnos que unha vez iniciados na actividade de Patín do Concello de Teo e queiran formar parte dun equipo de Patinaxe Federada, este ano a Asociación de Veciños A Ramallosa en colaboración co Concello de Teo, incia un curso de perfeccionamento, coa finalidade de poder asistir a competicións e exhibicións. 

Realizaranse probas de nivel. 

O comezo da actividade será na primeira semana de outubro. 

Días mais probables: luns e mércores de 19.00 a 20:00 no pavillón de deportes Ezequiel Mosquera da Ramallosa (Teo). (Días e horas suxeitas a cambios).

Realizarase unha reunión informativa previa para informar sobre a finalidade do curso, horarios, prezo, etc.


Contacta connosco a través de: avramallosa@gmail.com


domingo, 18 de mayo de 2014

FEIRA LOCAL SEGUNDA MAN

Feira Local Segunda Man, 8 de Xuño
Carballeira de San Martiño, Francos (Teo) de 12 a 18 Horas

Inscríbete e vende ou troca os obxetos que xa non precisas, antes do 30 de maio.

Mías información: 981 809 707 / 981 815 700


jueves, 8 de mayo de 2014

QUINTA E ÚLTIMA SESIÓN DA ESCOLA DE PAIS E NAIS DO CONCELLO


QUINTA E ÚLTIMA SESIÓN DA ESCOLA DE PAIS E NAIS DO CONCELLO


Celébrase a quinta e última sesión deste curso da escola de pais e nais do Concello de Teo. A reunión será na Mediateca do Grilo o 21 de maio ás 20:15 e o acceso é libre, sen necesidade de inscrición. Nesta quinta falarase da influencia das novas tecnoloxías nos/as nenos/as. A escola de pais está dirixida a pais e nais de nenos e nenas de infantil, primaria e secundaria.


INFORMACIÓN ROUTEIRO 11 DE MAIO A PICO DA GRELA

Localización da Igrexa de Sant Ana en Lampai, Teo.

Coordenadas GPS:
  • Latitud  42.783467
  • Longitud  -8.618972
 Desde A Ramallosa a Igrexa de Santa Ana en Lampai.


PROGRAMACIÓN DOS ROUTEIROS - CONCELLO DE TEO



O CONCELLO DE TEO INICIA UN CALENDARIO DE ROTEIROS QUE PORÁN EN VALOR ESPAZOS NATURAIS PROPIOS



A ruta do 8 de xuño, na zona de Calo, farase en O Departamento de Participación Veciñal, dirixido por Ignacio Iglesias, presenta un programa de roteiros para as vindeiras semanas nas que se tentará gozar do patrimonio natural teense. As rutas están pensadas para que poidan participar persoas de todas as idades e terán unha duración de dúas horas cunha dificultade baixa. Trátase de buscar alternativas de ocio no entorno máis próximo e póñense en marcha agora coincidindo coa melloría do tempo.
As datas previstas destes roteiros son o 11 de maio dende a capela de Santa Ana ata o pico da Grela (Lampai), o 8 de xuño na zona de Francos (Calo), o 15 de xuño farase unha andaina dende a Burga polas ribeiras do Ulla. O 29 de xuño farase un roteiro aínda sen definir xa que estará coordinado con Aspamite e se adaptará ás persoas da asociación con discapacidade. A maiores destas citas en fin de semana dende a piscina municipal da Ramallosa tamén se van realizar andainas todos os xoves entre as 10:00 e as 11:00 horas dende hoxe 8 de maio. Todas estas actividades son gratuítas e non é preciso anotarse previamente. As rutas que se celebran os domingos teñen como horario de saída as 11:00 horas.

O roteiro deste domingo levará aos camiñantes ao teito natural do Concello, o pico da Beitureira cunha altitude de 410 metros. Nos últimos meses o Concello actuou na zona mellorando a sinalización do roteiro e colocando uns paneis informativos. Dende este mirador temos unhas vistas privilexiadas. Cara o norte álzanse os montes Areal e o mítico Castro Lupario ou de Francos, tan relacionados con lendas xacobeas. Dende esa perspectiva albíscanse a emblemática Curota ou os cumios do Barbanza. Cara o leste vemos o perfil da área urbana de Santiago no que destacan as torres da Catedral. Movéndose cara o sur imos localizar o Val de Santa Lucía e o Pico Sacro (533 metros). Se seguimos xirando na cima vemos a Estrada no Val de Tabeirós e seguindo cara o oeste teremos diante de nós a paisaxe da desembocadura do río Ulla e o contorno da ría da Arousa.

O roteiro do 8 de xuño, pola zona de Francos (Calo) con visita prevista ao Castro Lupario está adaptado para persoas xordas xa que contará cun intérprete de linguaxe de signos. Este roteiro faise en colaboración coa Asociación de persoas xordas de Santiago de Compostela.

Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.