martes, 11 de junio de 2013
ANEXO A ACTA DA CONVOCATORIA XORNADA ENCONTRO VECIÑAL CONCELLO DE TEO
Anexo a acta da reunión coas
asociacións do 24 de maio de 2013
Estimados veciños e veciñas:
Unha vez visto o contido da acta
facilitada polos técnicos , podo adiantar que algunha das conclusións poden ser asumidas de xeito doado por esta concellería. Algunhas dependen
da acción e compromiso conxunto de mais áreas de goberno, e polo tanto non
poden ser aceptadas de xeito individual por min.
Podemos velas unha a unha:
· A
persoa de referencia para o contacto coas asociacións veciñais, son eu como
concelleiro da área. As cuestión
competencia desta área, serán resoltas directamente, e as que non,
identificarase á persoa responsable, ou se así se require será trasladada
directamente dende relación veciñais cara ese departamento. Estas últimas
poderán ser obxecto de
seguimento dende esta concellería.
·
Dous
contactos anuais entre responsables municipais e responsables das entidades
veciñais. Realizaranse nos meses de outubro e abril. O primeiro deles será
venres 4 de outubro no concello de Teo.
Neste primeiro intentarase que estea presente o Alcalde, ademais do
concelleiro da área.
· Difusión
dende o concello das actividades das entidades: as actividades que vos
consideredes de interese difundiranse dende esta concellería ao resto de
entidades. E se facedes chegar un cartel, será posto no local
municipal.
·
Promover
a ruta das asociacións. Organizar unha
visita tres veces no ano, á algunha das
entidades veciñais. Comezaremos en outubro/novembro.
·
Trasladar
a necesidade de respostas por escrito ao resto das áreas.
·
Convocar
as reunións, sempre que sexa posible, con un mínimo de 15 días de antelación.
Excepto nos casos de urxencia, nos que se entendera que non hai compromiso de
asistencia.
·
O
deseño dos instrumentos municipais de comunicación, será un dos temas a explicar na reunión do día 4 de
outubro.
·
As
entidades que queiran ter os seus datos actualizados deberan facernos chegar
nun prazo de 10 días, os seguintes datos: nome, ámbito de actuación, teléfono
de contacto, mail. Estes datos serán feitos públicos.
En Teo a 30 de maio de 2013
Asdo.
Ignacio Iglesias Villar
Concelleiro
de Benestar Social, Igualdade e Participación Veciñal
Concello
de Teo
ACTA DA CONVOCATORIA XORNADA ENCONTRO VECIÑAL CONCELLO DE TEO
Xornada Veciñal Concello de Teo
Salón de Plenos do Casa do Concello de Teo, 24 de maio de 2013. 20h00- 22h00 horas.Temas tratados:
1. Benvida e presentación da Xornada a cargo do Concelleiro de Participación Veciñal, Ignacio Iglesias.
2. Presentación do plan de traballo da Xornada:
- propostas de mellora nas relación entre o Concello e as Asociacións,
- dinámicas colaborativas entre as propias asociacións.
➔ Asistencia ao Encontro:
- Responsables políticos: Ignacio Iglesias, Concelleiro de Participación Veciñal.
- Persoal técnico: Rosa Muñiz Castro e Luís García García, Persoal Técnico de
- Cidadania.
- Integrantes da Xornada ( 17 persoas):
O Concelleiro de Participación Veciñal, Ignacio Iglesias, dá inicio a Xornada co agradecemento ás persoas pola asistencia e presenta os obxectivos da reunión que consisten en identificar propostas de mellora en relación aos dous ámbitos de traballo propostos:
- as relacións entre Concello-Asociacións, e;
- as dinámicas colaborativas entre as propias asociacións.
2. Presentación do plan de traballo da Xornada.
A continuación o Equipo Técnico recorda os obxectivos da Xornada e explica en que consiste a dinámica de traballo da xuntanza.
A xuntanza constitúe un espazo de encontro para o intercambio e reflexión conxunta de cara a promoción da participación cidadá e a activación do movemento veciñal de Teo. O proceso de traballo ten dous momentos;
- un primeiro momento, que foi a anterior xuntanza, recolléronse os principais problemas
- e, un segundo momento, na xuntanza do día de hoxe, na que identificar propostas de necesidades do tecido asociativo mellora en base aos dous ámbitos ou temas propostos:
- as relacións entre Concello-Asociacións, e;
- as dinámicas colaborativas entre as propias asociacións.
As ideas traballadas nos grupos foron trasladas ao plenario por parte das persoas voceiras (30 minutos aproximadamente).
3. Conclusións do traballo realizado.
Grupo: relacións entre Concello-Asociacións:• Ter como referencia unha persoa, dende o Concello, que coordine, centralice e canalice as demandas veciñais.• Manter encontros periódicos entre o concello e as asociacións, o que permitiría unha mellor comunicación. Proponse dous ao ano, unha primeira na que estea o Alcalde e, unha segunda co Concelleiro.
- Ter como referencia unha persoa, dende o Concello, que coordine, centralice e canalice as demandas veciñais.
- Manter encontros periódicos entre o concello e as asociacións, o que permitiría unha mellor comunicación. Proponse dous ao ano, unha primeira na que estea o Alcalde e, unha segunda co Concelleiro.
- Dar resposta, e informar, das reclamacións que as entidades formulan ao concello.
- Difundir, desde o Concello, as actividades organizadas polas asociacións veciñais; cando menos as que son abertas aos socios e sociais, para que a xente interesada pida participar e as entidades cubran o número de prazas que ofertan..
- Actualizar os datos de contacto das Asociacións na web.
- Informar ás entidades de calquera convocatoria cun mínimo de 15 días de antelación.
- Promover a “ruta das asociacións” de coñecerse e dinamizar o concello, visitando os locais, actividades e, de paso, ás propias parroquias.
- Deseñar unha web municipal máis atractiva e participativa cun servizo de novas mellor
- Identificar (Concelleiro) unha persoa coordinadora no concello, e promover a constitución dun espazo de encontro e de traballo con representación de todas as entidades veciñais, tipo comisión coordinadora, formulado como lugar de debate e preposición, que xunto ao concello, establecer un plan de traballo. Podería reunirse cada seis meses.
- Oferta dun curso de dinamización para a participación, dirixido, cando menos, ás directivas das entidades veciñais.
- Deseño dun espazo web participativo.
- •a mellora da comunicación e a divulgación das iniciativas coas entidades veciñais por parte do Concello: mellorar a web, o boletín, etc.
- Proponse que o Concelleiro de Participación Veciñal, como responsable da área, para desenvolver as tarefas de coordinación, de forma transparente e efectiva, entre as demandas das entidades veciñais e o conxunto de responsables políticos municipais.
- Establecer un espazo de debate e diálogo permanente entre o concello e as AAVV, pode ser por períodos, a través dunha estrutura máis ou menos formal.
O Concelleiro de Participación Veciñal pecha agradecendo a participación das asociacións e persoas na Xornada de traballo, así como traslada o seu compromiso de estudar e valorar conxunto de propostas feitas en canto a súa viabilidade técnica. Recórdase, finalmente, que se todas as cuestións tratadas se recollerán nunha acta para o seu envío ou entrega a todas as entidades e persoas interesadas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)