domingo, 5 de mayo de 2013

CONVOCATORIA XORNADA ENCONTRO VECIÑAL CONCELLO DE TEO

Estimada veciña, estimado veciño:

Poñémonos en contacto con vostede e coa directiva á que pertence para convidar ao conxunto das persoas da asociación a unha xornada de traballo co conxunto das asociacións veciñais de Teo o venres 24 de maio, en horario de 20h00 a 22h00, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Teo.

O obxectivo da xornada coas entidades veciñais é o de identificar, a través do diálogo e o debate, propostas de mellora nas relacións entre o Concello e as Asociacións, así como nas dinámicas colaborativas entre as propias asociacións.

A participación está aberta a todas aquelas persoas da Asociación que queiran participar. Por iso, queremos animar a vosa entidade a que faga a máxima difusión para que teñan un maior coñecemento da celebración xornada.

Para levar adiante este proxecto, a Concellería de Participación Veciñal de Teo, contratou a Cidadania, empresa especializada na dinamización de procesos de participación social. Para calquera cuestión poñemos ao seu dispor os teléfonos de información e enderezo electrónico do equipo técnico:
• Rosa Muñiz Castro, teléfono, 627 570 949. Correo electrónico:
  rosa.munhiz@cidadania.coop
• Luís Garcia Garcia, teléfono 627 570 950. Correo electrónico:
  luis.garcia@cidadania.coop


Aproveitamos a ocasión para enviarvos un cordial saúdo

             Ignacio Iglesias Villar                                      Martiño Noriega Sánchez
Concelleiro de Participación Veciñal                                        O Alcalde
Creative Commons License
Este trabajo está licenciado bajo Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License
.